26 de abril de 2012

Un século de guerras 2

A I Guerra Mundial:

23 de abril de 2012

Un século de guerras 1

Sóavos de algo máis que música "Barón Rojo"?

A I Guerra Mundial. Cuestións para comezar:

  • Entre que datas se deu a I Guerra Mundial?
  • Que países se enfrentaron nesa guerra? Por que se lle chamou mundial?
  • Cal foi o feito que desencadeou o conflito?
  • Que causas de fondo explican a guerra?
  • Que país ou países a gañaron?
  • Que país ou países perderon?
  • Cantas persoas morreron nesa guerra?

19 de abril de 2012

O cazador de trolls: coñecendo a fraga.

Serán así os trolls do noso libro?

Para sabermos máis do mundo onde se desenvolve a historia d'O cazador de trolls, hoxe ides adicar a hora a investigar.
Debedes elaborar un documento de texto que inclúa a seguinte información sobre os animais que saíron na primeira sesión de lectura do libro (oso, raposo, lobo, rabisaco, alacrán, donicela, salamántiga, xabarin...)
  • Fotografía
  • Nome galego, castelán, inglés, francés, catalán e eusquera.
  • Nome científico (latín)
  • Clase (mamífero, ave, anfíbio...)
  • Tipo de alimentación (herbívoro, carnívoro, omnívoro, insectívoro...)
  • Que come?
  • Onde vive? Hai en Galiza? En que zona?
  • Está en perigo de extinción?

Algún dos animais podedes encontralos nesta páxina: A vida nos ríos galegos.

17 de abril de 2012

Goya

Duelo a garrotazos

Debedes facer un comentario dunha pintura de Francisco de Goya, escollida entre as dez que aparecen na vosa presentación.
Para facer o comentario podedes seguir este esquema: aínda que sexa para primaria, está clariño e permítenos seguir unha orde na observación do cadro.

12 de abril de 2012

Rosalía e a música

Que estilo musical é cada cal?

Pucho Boedo: Airiños, airiños aires, de Cantares Gallegos:



Carmen Rey: Galicia Encantada, fragmento de Cantares Gallegos:



Isabel Silvestre: Cantar da Emigração -fragmento adaptado de P'ra Habana-:



Atende Xoel, versión con guitarra eléctrica.

Carlos Núñez e Luz Casal: Negra Sombra, de Follas Novas:



Víctor Aneiros: Soia!, de Follas Novas:



Nao: A Xustiza pola man, de Follas Novas:

Que o demo me leve...

Curros, a Relixión e a Xustiza:



O poema pecadento, Mirando ao Chao, aquí.

10 de abril de 2012

Este vaise e aquel vaise...

Un dos fenómenos que marcaron a historia de Galiza no século XIX foi a emigración: