18 de junio de 2012

Un século de guerras 7: na prensa.

Ania Fuchs de Horszowski, de 90 anos, veu morrer a toda a súa familia

Este fin de semana puidemos coñecer a historia dunha supervivinte do Holocausto. A curiosidade? que vive a escasos quilómetros das nosas casas, en Caldas de Reis.
Podedes saber dela nesta reportaxe d'A Voz de Galicia.

Ademais, descobrimos que décadas despois, a munición continúa a ser perigosa. Un incendio nos montes de Pinell de Brai, en Tarragona, engadiu, ao perigo do lume, o das bombas e granadas abandonadas no seu solo desde a Guerra Civil. Podedes lelo nesta nova do El País.

11 de junio de 2012

Un século de guerras 6: cine de propaganda.

A 2 de TVE realizou unha serie titulada La Guerra Filmada, na que recolleu películas encargadas por cada un dos bandos enfrontados para animar ás propias tropas, á poboación ou gañar o apoio interno e externo. Neste capítulo, por exemplo, tedes unha película, encargada pola Subsecretaría de Propaganda da República, para proxectar no Pavillón de España da Exposición Internacional de París de 1937, o mesmo para o que Picasso creou o Guernica. O guionista do documental, e boa parte das gravacións son de Luis Buñuel, un dos directores españois de cine máis importantes: