obsoleto, ta. (Del lat. obsolētus). 1. adj. Poco usado. 2. adj. Anticuado, inadecuado a las circunstancias actuales.
Televisión Española emitiu o domingo o documental "Comprar, tirar, comprar" que fala da chamada "obsolescencia programada": a práctica consumista de mercar obxectos de pouca duración. Podemos ver, por exemplo, como a primeira lámpada de Edison (en 1881) duraba 1500 horas. En 1924 pactouse que non durase máis de 1000. O documental (rodado entre Cataluña, Francia, Alemania, Estados Unidos e Ghana) amosa tamén as consecuencias directas do consumo sen freos: os vertedoiros enormes de residuos que se acumulan en países como Ghana.