obsoleto, ta. (Del lat. obsolētus). 1. adj. Poco usado. 2. adj. Anticuado, inadecuado a las circunstancias actuales.
Televisión Española emitiu o domingo o documental "Comprar, tirar, comprar" que fala da chamada "obsolescencia programada": a práctica consumista de mercar obxectos de pouca duración. Podemos ver, por exemplo, como a primeira lámpada de Edison (en 1881) duraba 1500 horas. En 1924 pactouse que non durase máis de 1000. O documental (rodado entre Cataluña, Francia, Alemania, Estados Unidos e Ghana) amosa tamén as consecuencias directas do consumo sen freos: os vertedoiros enormes de residuos que se acumulan en países como Ghana.
Para o Nadal, debedes elaborar un traballo para saber un pouco máis das modalidades que as persoas poden elexir para as súas actividades económicas.
Podedes facelo individualmente ou por parellas.
Tedes que localizar no voso entorno (familia, veciñanza) dúas persoas que traballen, unha por conta allea e outra como autónoma. Falando con elas tedes que conseguir a información que aparece no seguinte guión e presentala redactada nun texto, seguindo o esquema dunha reportaxe informativa.
Unha vez feito isto, debedes escribir un texto argumentativo, dando a vosa opinión persoal: Que prefirirías, ser autónoma ou traballar por conta allea?.
Guión.
Datos persoais da persoa: nome, apelidos, idade, profesión...
En que consiste o traballo da persoa entrevistada?
Necesita algún permiso ou carné especial para facer o seu traballo?
Que papeleo ten obriga de facer?
Que obrigas de horario, produción, etc., ten?
Para esa persoa, que vantaxes ten traballar por conta allea /como autónoma?
Cales son as desvantaxes?
Gustarialle que houbese outra modalidade de traballo diferente? Cal?
Outra información que considere importante.
A fotografía, dos mariñeiros carcamáns facendo cola na Lonxa, saqueina de aquí.