Mostrando las entradas con la etiqueta guerra. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta guerra. Mostrar todas las entradas

28 de mayo de 2014

II Guerra Mundial: actividades

Cartaz antixudeu nun comercio...
Lote de actividades para repasar a II Guerra Mundial

Repasando

Tendo en conta o que aprendemos estes días, explica todas as cousas que poidas deste perfil ficticio de Facebook creado por Francesc Josep:



Podes partir da cronoloxía da II Guerra Mundial que elaboramos no Exercicio 2 do dossier.



24 de abril de 2014

Un século de guerras I

Para entender a I Guerra Mundial:


Cómo entender la Primera Guerra Mundial por practicopedia

... tendo en conta que o reparto do mundo era este:


...e que era feito así:

30 de septiembre de 2013

Tristes Guerras Tristes

Chegan aquí as propostas de lectura en 4ºPDC para este curso: como temos que submerxirnos no mundo da historia, inzada e contruída arredor da violencia, nada como ler sobre guerras e batallas.

Por iso escollemos como tema para a Constelación Literaria a GUERRA, en todos os seus matices e variacións. 

Lembrade; deste monte de libros seleccionaremos un para lectura e diálogo na aula e outros dous, como mínimo, para lectura na casa.

Que vos namoredes dalgún!!

18 de junio de 2012

Un século de guerras 7: na prensa.

Ania Fuchs de Horszowski, de 90 anos, veu morrer a toda a súa familia

Este fin de semana puidemos coñecer a historia dunha supervivinte do Holocausto. A curiosidade? que vive a escasos quilómetros das nosas casas, en Caldas de Reis.
Podedes saber dela nesta reportaxe d'A Voz de Galicia.

Ademais, descobrimos que décadas despois, a munición continúa a ser perigosa. Un incendio nos montes de Pinell de Brai, en Tarragona, engadiu, ao perigo do lume, o das bombas e granadas abandonadas no seu solo desde a Guerra Civil. Podedes lelo nesta nova do El País.

8 de mayo de 2012

Europa Europa

 
Despois de ver a película Europa Europa unhas cuestións que aclarar:


1.    Que foi a noite dos cristais rotos ou “Reichskristallnacht”?

2.    Qué é un guetto?

3.    Como comezou Alemania a II Guerra Mundial?

3.1. Que era o konsomol?




4.    En que consistían as Xuventudes hitlerianas?

5.    Cando foi fundado o Estado de Israel?

6.    Cantos campos de concentración houbo? Cita nomes.

1 de mayo de 2012

Un século de guerras 3

Batalla de Somme
Traballando a grande guerra:

Facede as actividades indicadas nesta páxina nas fotocopias que vos dei. Podedes consultar na internet ou na presentación que vimos o outro día para dar coa información. Se vos sobra tempo, aínda tedes máis actividades:

23 de abril de 2012

Un século de guerras 1

Sóavos de algo máis que música "Barón Rojo"?

A I Guerra Mundial. Cuestións para comezar:

  • Entre que datas se deu a I Guerra Mundial?
  • Que países se enfrentaron nesa guerra? Por que se lle chamou mundial?
  • Cal foi o feito que desencadeou o conflito?
  • Que causas de fondo explican a guerra?
  • Que país ou países a gañaron?
  • Que país ou países perderon?
  • Cantas persoas morreron nesa guerra?