31 de enero de 2014

Un saco de canicas: Austerlitz

Unhas imaxes da Estación de París, para que imaxinedes dous meniños de sete e nove anos buscando o seu lugar entre a multitude:


28 de enero de 2014

Artistas!

A parodia é unha boa maneira de achegarnos ao mundo da arte. Así que imos facer parodia.

Tedes que escoller, nas presentacións sobre o Renacemento e o Barroco que vimos en clase, unha obra artística que vos chame a atención ou da que gustedes. A partir de aí, todo queda na vosa imaxinación: podedes repintala, facer collage, xogar coa fotografía. O caso é conseguir unha versión desa obra que leve a vosa marca persoal.

Para que vos fagades unha idea, algúns exemplos:




E nesta páxina, unha chea de versións da Última Cea, de Leonardo da Vinci: tejiendo el mundo.


16 de enero de 2014

Idade Moderna: orixe do mundo moderno.

Unha presentación resumo sobre as exploracións marítimas e as monarquías autoritarias europeas:




E o tema da Reforma e o Renacemento, en Libros Vivos.

Estes exercicios de repaso: