12 de diciembre de 2012

#recitandoCelsoemiliO

O voso poema cantado por Uxía:




E o trailer do documental que esta noite emite a TVG: 100%CEF, de Aser Álvarez.
100% CEF. Trailer from asombraproducions on Vimeo.

11 de diciembre de 2012

RecitandoCelsoemiliO 2

Pois ao final atrevémonos, cun só poema, e non o Deitado frente o mar, que era o que propuxo a Coordinadora ENDL. Gostamos máis do amor e escollemos este "Eu en ti" que recitamos en diferido e acompañamos de imaxes.



26 de noviembre de 2012

RecitandoCelsoemiliO

Imos participar na iniciativa da Coordinadora Galega de ENDL, que nos propón pechar o ano do centenário do nacemento do poeta Celso Emilio Ferreiro cun recital colectivo o dia 12 do 12 do 12 ás 12.

Seremos quen de artellar en quince días algo do estilo desta pequena maravilla??




O texto orixinal, aquí.

22 de noviembre de 2012

Certame de microrrelatos

Amnistía Internacional Galicia organiza un certame de microrrelatos inspirados nesta fotografía:



As bases podes velas aquí. O documento de inscrición podes cubrilo aquí. E despois, a votar no facebook!.


29 de octubre de 2012

Medo

Os rapaciños do Señor das Moscas teñen medo das cobras e monstros que hai na selva. E non teñen con eles persoas adultas que lles axuden a superalo. Para medos, os de Lenine e Julieta Venegas:


26 de octubre de 2012

O relevo do mundo


No IES MESTRE LANDíN prepararon estas estupendas actividades para coñecer e repasar o relevo do planeta Terra. Baixade o documento .doc, realizade os exercicios e enviádemos por correo-e para revisar ou imprimídeos e entregádemos en man.






25 de octubre de 2012

O relevo ben presentadiño

Presentacións elaboradas polo grupo de 3º PDC

As montañas, de Laura e Irene:

Os ríos, de Marta Leiro e Blanca Ramos:
Los ríos
View more presentations or Upload your own.

Os volcáns, de Lara Cousido, Ana Martínez e David Ríos.

> Os mares, de Arancha Romay e Yago Silva.

19 de octubre de 2012

O Planeta Terra

para termos idea do que é um glaciar, un sistema kárstico, un deserto...


9 de octubre de 2012

Como facer unha boa presentación

Nesta presentación encontraredes unha chea de bos consellos para organizar e mellorar as vosas (valla a redundancia) presentacións de diapositivas. Botádelle un vistazo antes de dar por rematadas as vosas.

28 de septiembre de 2012

A terra treme

Os movementos das placas esquematizados

Tedes a continuación unha serie de actividades interactivas sobre a Tectónica de placas:

A Tectónica de placas.
Os nomes das placas.
Monvemento das Placas.
Procesos nos límites de placas.
Límites Diverxentes.
Límites converxentes.
Terremotos1.
Terremotos2.
Crucigrama.


18 de junio de 2012

Un século de guerras 7: na prensa.

Ania Fuchs de Horszowski, de 90 anos, veu morrer a toda a súa familia

Este fin de semana puidemos coñecer a historia dunha supervivinte do Holocausto. A curiosidade? que vive a escasos quilómetros das nosas casas, en Caldas de Reis.
Podedes saber dela nesta reportaxe d'A Voz de Galicia.

Ademais, descobrimos que décadas despois, a munición continúa a ser perigosa. Un incendio nos montes de Pinell de Brai, en Tarragona, engadiu, ao perigo do lume, o das bombas e granadas abandonadas no seu solo desde a Guerra Civil. Podedes lelo nesta nova do El País.

11 de junio de 2012

Un século de guerras 6: cine de propaganda.

A 2 de TVE realizou unha serie titulada La Guerra Filmada, na que recolleu películas encargadas por cada un dos bandos enfrontados para animar ás propias tropas, á poboación ou gañar o apoio interno e externo. Neste capítulo, por exemplo, tedes unha película, encargada pola Subsecretaría de Propaganda da República, para proxectar no Pavillón de España da Exposición Internacional de París de 1937, o mesmo para o que Picasso creou o Guernica. O guionista do documental, e boa parte das gravacións son de Luis Buñuel, un dos directores españois de cine máis importantes:

28 de mayo de 2012

Un século de guerras 5

Non é publicidade nin propaganda, é unha oportunidade. A partir do día 30 de Maio, a cadea Lasexta3 comeza un ciclo de cine bélico, emitindo todos os mércores á noite dúas películas. Teredes así a oportunidade de visionar filmes que tratan os temas que estamos a traballar na aula.

Este mércores unha das películas Tempos de Gloria, trata a guerra de secesión americana, guerra que nos saltamos en clase e da que vos poderedes facer unha idea grazas ao cine.

A segunda película si que nos toca no temario: Libertarias trata dun grupo de mulleres anarquistas que reclaman o seu dereito a loitar durante a Guerra Civil Española.  

21 de mayo de 2012

Un século de guerras. Actividades

Cartaz de propaganda, de que bando?

Moitas preguntas cunha soa resposta:

  • A Guerra Civil en test e mapas.
  • Máis Guerra Civil!
  • E outro!
  • Test sobre a Guerra Civil Española.
  • E máis!
  • Test amplo sobre os comezos do Século XX en España.
 Sobre a segunda guerra mundial:
O camiño á Guerra: test.
A propaganda.
Os frentes de guerra: test.
O final da guerra: test.

Un século de guerras 4

A guerra civil española:



8 de mayo de 2012

Europa Europa

 
Despois de ver a película Europa Europa unhas cuestións que aclarar:


1.    Que foi a noite dos cristais rotos ou “Reichskristallnacht”?

2.    Qué é un guetto?

3.    Como comezou Alemania a II Guerra Mundial?

3.1. Que era o konsomol?




4.    En que consistían as Xuventudes hitlerianas?

5.    Cando foi fundado o Estado de Israel?

6.    Cantos campos de concentración houbo? Cita nomes.

1 de mayo de 2012

Un século de guerras 3

Batalla de Somme
Traballando a grande guerra:

Facede as actividades indicadas nesta páxina nas fotocopias que vos dei. Podedes consultar na internet ou na presentación que vimos o outro día para dar coa información. Se vos sobra tempo, aínda tedes máis actividades:

26 de abril de 2012

Un século de guerras 2

A I Guerra Mundial:

23 de abril de 2012

Un século de guerras 1

Sóavos de algo máis que música "Barón Rojo"?

A I Guerra Mundial. Cuestións para comezar:

  • Entre que datas se deu a I Guerra Mundial?
  • Que países se enfrentaron nesa guerra? Por que se lle chamou mundial?
  • Cal foi o feito que desencadeou o conflito?
  • Que causas de fondo explican a guerra?
  • Que país ou países a gañaron?
  • Que país ou países perderon?
  • Cantas persoas morreron nesa guerra?

19 de abril de 2012

O cazador de trolls: coñecendo a fraga.

Serán así os trolls do noso libro?

Para sabermos máis do mundo onde se desenvolve a historia d'O cazador de trolls, hoxe ides adicar a hora a investigar.
Debedes elaborar un documento de texto que inclúa a seguinte información sobre os animais que saíron na primeira sesión de lectura do libro (oso, raposo, lobo, rabisaco, alacrán, donicela, salamántiga, xabarin...)
  • Fotografía
  • Nome galego, castelán, inglés, francés, catalán e eusquera.
  • Nome científico (latín)
  • Clase (mamífero, ave, anfíbio...)
  • Tipo de alimentación (herbívoro, carnívoro, omnívoro, insectívoro...)
  • Que come?
  • Onde vive? Hai en Galiza? En que zona?
  • Está en perigo de extinción?

Algún dos animais podedes encontralos nesta páxina: A vida nos ríos galegos.

17 de abril de 2012

Goya

Duelo a garrotazos

Debedes facer un comentario dunha pintura de Francisco de Goya, escollida entre as dez que aparecen na vosa presentación.
Para facer o comentario podedes seguir este esquema: aínda que sexa para primaria, está clariño e permítenos seguir unha orde na observación do cadro.

12 de abril de 2012

Rosalía e a música

Que estilo musical é cada cal?

Pucho Boedo: Airiños, airiños aires, de Cantares Gallegos:



Carmen Rey: Galicia Encantada, fragmento de Cantares Gallegos:



Isabel Silvestre: Cantar da Emigração -fragmento adaptado de P'ra Habana-:



Atende Xoel, versión con guitarra eléctrica.

Carlos Núñez e Luz Casal: Negra Sombra, de Follas Novas:



Víctor Aneiros: Soia!, de Follas Novas:



Nao: A Xustiza pola man, de Follas Novas:

Que o demo me leve...

Curros, a Relixión e a Xustiza:



O poema pecadento, Mirando ao Chao, aquí.

10 de abril de 2012

Este vaise e aquel vaise...

Un dos fenómenos que marcaron a historia de Galiza no século XIX foi a emigración:

28 de marzo de 2012

Rosalía

Que terá Rosalía para que continuemos a cantala e remedala?







20 de marzo de 2012

Unha marea de versos

Que unha marea de versos anegue a Arousa
 Para celebrar o Día Mundial da Poesía, que cadra coa chegada oficiosa da primavera, no IES Illa de Arousa unímonos á marea de versos iniciada polo IES Castro Alobre. A idea é encher os parabrisas dos coches da Arousa con poemas, de maneira que toda a veciñanza teña, por un día, un poema na man.

A marea, como os oceanos, esténdese por todo o planeta.


Para elexer o poema que queiras que alguén encontre:


12 de marzo de 2012

Revolución Industrial: actividades

O cuarto estado, de Guiseppe Pelliza da Volpedo. Recórdavos algunha escena de Germinal?
Repasamos conceptos e coñecemos outros novos:

A partir dos xogos, explica:
  1. Que é o sistema Norfolk?
  2. Que diferencia hai entre o rexime demográfico antigo e o moderno?
  3. En que consiste o "Domestic System"? Coñeces algunha empresa actual que traballase así?
  4. Que diferencias hai entre unha persoa artesana en unha obreira
  5. Que é o liberalismo económico?
  6. Que é a lei de oferta e demanda?

6 de marzo de 2012

Revolución industrial

Algúns esquemas:
















5 de marzo de 2012

As industrias en Galicia no XVIII

Imaxe da Conserveira Goday, a primeira que houbo en Galiza

Antes de falar de Odosa, recordemos cando e como comezou o negocio:

Historias de Galicia


Mar libre




Sargadelos, pioneiro industrial:



Ferrol, a cidade deseñada:

23 de febrero de 2012

Viva a revolución!

A república guiando o pobo, de Delacroix
Primeiro, unha presentación para aprender o tema:


Aquí, unha páxina de apontamentos e exercicios para saber da Revolución:

A revoluión Francesa no cine:


Sobre a Ilustración:
avances científicos

2 de febrero de 2012

Idade Moderna II: actividades.

Unha pintura representando a Batalla de Lepanto

Para repasar, algúns resumos:

    30 de enero de 2012

    Reforma e contrarreforma

    Unha presentación para aprender:


    Un esquema para repasar:

    24 de enero de 2012

    A escravitude

    A porta sen retorno, na Casa dos Escravos, Illa de Gorée

    Para saber algo e máis:



    23 de enero de 2012

    A inquisición

    Esta presentación explica os aspectos básicos da Inquisición Española:

    18 de enero de 2012

    El Lazarillo de Tormes 1

    Lazarillo de Tormes, de Francisco de Goya

    Resuelve este crucigrama sobre el Lazarillo de Tormes buscando la información que necesitas.

    Versión cinematográfica:

    17 de enero de 2012

    El Quijote 1.


    Leed la presentación sobre Cervantes y su obra que aparece en este enlace. Tomad notas. Mañana os haré un test con datos que aparecen en ella:
    Actividades sobre El quijote.

    Resuelve este crucigrama sobre Cervantes y este sobre el Quijote, buscando en la red la información que necesitas.

    Reancemento e Barroco: actividades

    Moisés, de...
    Unhas baterías de preguntas sobre Renacemento e Barroco.

    11 de enero de 2012

    O renacemento e o barroco

    Presentación que recolle información básica sobre a Idade Moderna e a arte do Renacemento:


    Outra, sobre a arte do Barroco: