Non é publicidade nin propaganda, é unha oportunidade. A partir do día 30 de Maio, a cadea Lasexta3 comeza un ciclo de cine bélico, emitindo todos os mércores á noite dúas películas. Teredes así a oportunidade de visionar filmes que tratan os temas que estamos a traballar na aula.
Este mércores unha das películas Tempos de Gloria, trata a guerra de secesión americana, guerra que nos saltamos en clase e da que vos poderedes facer unha idea grazas ao cine.
A segunda película si que nos toca no temario: Libertarias trata dun grupo de mulleres anarquistas que reclaman o seu dereito a loitar durante a Guerra Civil Española.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario
dale a la lengua