21 de diciembre de 2010

Tarefa de Nadal: traballando na Arousa.

    Para o Nadal, debedes elaborar un traballo para saber un pouco máis das modalidades que as persoas poden elexir para as súas actividades económicas.

  • Podedes facelo individualmente ou por parellas.

  • Tedes que localizar no voso entorno (familia, veciñanza) dúas persoas que traballen, unha por conta allea e outra como autónoma. Falando con elas tedes que conseguir a información que aparece no seguinte guión e presentala redactada nun texto, seguindo o esquema dunha reportaxe informativa.

  • Unha vez feito isto, debedes escribir un texto argumentativo, dando a vosa opinión persoal: Que prefirirías, ser autónoma ou traballar por conta allea?.

Guión.
  1. Datos persoais da persoa: nome, apelidos, idade, profesión...

  2. En que consiste o traballo da persoa entrevistada?

  3. Necesita algún permiso ou carné especial para facer o seu traballo?

  4. Que papeleo ten obriga de facer?

  5. Que obrigas de horario, produción, etc., ten?

  6. Para esa persoa, que vantaxes ten traballar por conta allea /como autónoma?

  7. Cales son as desvantaxes?

  8. Gustarialle que houbese outra modalidade de traballo diferente? Cal?

  9. Outra información que considere importante.


A fotografía, dos mariñeiros carcamáns facendo cola na Lonxa, saqueina de aquí.

No hay comentarios.:

Publicar un comentario

dale a la lengua