En "Eran outros tempos, ou non?" un grupo de mulleres botan a vista
atrás para rememorar aqueles tempos nos que compartían pupitre. A acción
ubícase nunha escola franquista de 1957 e recréanse as clases de
matemáticas, relixión, educación física, formación do espírito
"nacional", labores ou economía doméstica e trata de mostrar como se
inculcaban valores coma o autoritarismo, conformismo, submisión, familia
patriarcal, pobreza, machismo... Uns valores que animan a reflexionar
sobre a educación actual.
Estes son o argumento e o cartaz da obra teatral, escenificada por Disfunción Continua, que poderemos ver o venres que vén, 8 de Novembro, ás 21.30 horas, no Auditorio da Arousa. Para sabermos un pouco máis da ditadura que sofreron as nosas nais, os nosos avós, as nosas tías ou os nosos padriños.
Comeza lembrando escenas tan fermosas (e verídicas) coma esta:
No hay comentarios.:
Publicar un comentario
dale a la lengua